19/6/09

Fin de curso

Acabou o curso. E tamén este ciclo de Educación Infantil. Como pasa o tempo! Parece que foi onte cando entrábamos no colexio por primeira vez, inseguros porque non coñecíamos a nosa profe nin aos nosos compañeiros/as. E xa pasaron tres anos! Vivimos momentos que nunca esqueceremos.
Hoxe celebramos a nosa graduación. Acompañáronnos os nenos e nenas de tres e catro anos e tamén as mamás e papás. Foi un día importante e alegre aínda que as mamás e a profe emocionáronse bastante.

1 comentario:

Teachers dijo...

Noraboa a todos os nenos e as nenas da clase de cinco anos pola súa graduación. Que guapos e que maiores!Canto me gusta velos crecer en todos os sentidos.
O ano que ben vemonos "no piso de arriba". Biquiños para todos e para ti tamén Ángeles, noraboa polo teu traballo e dedicación.

Angeles (a profe de inglés)