5/9/09

SETEMBRO - REUNIÓN DE PAIS



Acabáronse as vacacións. Estamos en Setembro. Este mes é de adaptación.

É tempo de acollida, sexa quen sexa, veña de donde veña. Acoller maneiras de ser, de pensar, de estar.

É tempo de observar, mimar e tender pontes de confianza cos nosos nenos e nenas e os seus familiares.

As profes de Educación Infantil queremos dar a benvida, a un novo curso, a todos os nenos e nenas, pero sobre todo aos nenos/as de tres anos, que veñen por primeira vez a este colexio.

O martes día 8 haberá unha reunión cos pais /nais ás 11:00h na aula de tres anos.



1 comentario:

Loli Prieto dijo...

Que bonito! Como non van estar contentos estos nenos e nenas.Non perdas nunca a capacidade de emocionarte, ilusionarte,poñerte nervosa...cada vez que comeza un novo curso.Debería ser obligatorio que tódolos mestres/as sentíramos o que ti expresas con esas palabras sinxelas, fermosas e cheas de verdade. Biquiños e a currar e aprender moito.