17/11/09

O POLO PEPE

Este curso son unha profe de apoio. Estou moitas horas na clase de tres anos pero tamén vou á clase de catro e de cinco anos.

Agora estou de baixa por un accidente e teño a man esquerda inutilizada, aproveito para ler, visitar outros blogues, e pensar nos nenos/as do cole que non se me sacan da cabeza.

A profe de cinco anos e os nenos e nenas da súa clase ensináronnos a canción do Polo Pepe. Mirade que mural máis chulo fixeron!





1 comentario:

olga dijo...

Que che mellores, Ángeles!