18/1/10

Conto: Negros e brancos

Para estos días, que imos a falar da paz elexín este conto : "Negros e brancos"

Autor e ilustrador: David McKee
Edicións Xerais





David McKee é un escritor e ilustrador británico coñecido especialmente por ser o creador da serie ELMER, o elefante de cores inspirado na obra do pintor Paul Klee.

Esta historia cóntanos que hai moito tempo, todos os elefantes do mundo eran brancos ou negros, e odiábanse entre si. A guerra non tardou en estoupar e, durante tempo e tempo non se volveu a ver ningún elefante sobre a Terra. Ata que un día saíron da selva os netos dos elefantes amantes da paz ...

Un texto axeitado para reivindicar a paz, contra a intolerancia e o racismo, moi apropiado para introducir nas aulas a reflexión arredor da violencia e as súas causas.


















  • A emoción principal traballada é a rabia, a ira.
  • Temos que aprender a expresar os sentimentos de enfado dun modo non agresivo.
  • Aprender a satisfacer as nosas necesidades sen danar a outros.

1 comentario:

Loli Prieto dijo...

Bueno Ángeles, hai que ver como traballas. Pois tenme moi boas pintas este conto. Mirarei se llo conseigo para Daaniel.Bicos