Os pais e toda a sociedade participamos para que os nenos crean na existencia real dos Reis Magos.
Os nenos atopan unha mañá de Xaneiro os xoguetes, e os pais dinlles que os responsables son tres personaxes misteriosos que teñen a rara afición de visitalos a escondidas unha vez ao ano e cubrilos de regalos.
Esta atención que dedican os pais aos seus fillos pequenos non é moi distinta da que lles prestan cada noite cando os levan á cama e lles falan de dragóns, alfombras voadoras, príncipes e princesas...
A Noite de Reis é unha noite na que o que importa de verdade non son tanto os xoguetes que os pais dan aos seus fillos senon o feito de que o fagan dentro dunha historia, porque o que lles estamos regalando ao falarlles dos Reis Magos e o regalo dunha dulce e marabillosa historia. Por iso máis que uns simples xoguetes o que de verdade quere o neno é que sexan os Reis Magos quén llos dé.
No blog "Soñando cuentos" descubrín este libro:
El cuento de los Reyes Magos (bien contado)
Neste conto o autor parte dun xogo constante de erros (moi parecido ao que utilizaba Rodari nos seus exercicios da Gramática da fantasía) para ir construindo a verdadeira historia dos Reis Magos.
Se queredes saber máis sobre este libro e ver algunhas das ilustracións visitade:
No hay comentarios:
Publicar un comentario