21/2/10

Día Internacional da Lingua Materna 2010

Que é o Día Internacional da Lingua Materna?_
É unha conmemoración que se celebra o 21 de febreiro de cada ano, unha data significativa que estableceu a Conferencia Xeral da Unesco en 1999, co obxectivo de promover o pluralismo lingüístico e a diversidade cultural. Ademais, busca impulsar o recoñecemento e a práctica das linguas maternas de todo o mundo e, en especial, as das linguas con menos falantes.


Transmisores da lingua e dos afectos
descárgao e difúndeo! (pdf en baixa resolución)



1. Educa no respecto a todas as linguas
2. Transmite o valor da diversidade
3. Cultiva as linguas con menos falantes
4. Fomenta a aprendizaxe de linguas
5. Perde o medo a equivocarte
6. Déixalles aos teus fillos unha herdanza valiosa
7. Acolle as outras linguas que te rodean
8. Non lle peches a ninguén as portas da túa lingua
9. Practica o ecoturismo lingüístico
10. Fala tamén para os que están preto

2 comentarios:

fuíña dijo...

Moi apropiado para estos tempos que corren, no que educar en galego, en Galicia, está cada vez máix complicado.

Graciñas por este estupendo blog que nos permite achegarnos algo máis aos nosos nenos.
Lucía.

Ángeles. dijo...

Gracias Lucía polo teu comentario que anima moito.