1/3/10

TÍTERES

Hoxe fomos ao Cine Alovi a ver unha representación de Títeres dirixida aos nenos de tres anos.

OBRA: Rosalía, a pulga que escribía
Había unha vez, unha pulga moi, moi pequena: Rosalía.
Rosalía escribe unha carta cada día. Métea nun sobre, ponlle un selo e mándaa por correo. Bruno, o Canguro, un carteiro moi especial, encárgase en persoa de levarlla ao seu destinatario.... e lérllela.
Á señora Toupa porque non ve.
Á Dona Xirafa porque perdeu as gafas.
Á ovella porque non sabe ler.
Ao señor Ratón porque lle encanta que lle lean.
E a Mr Elefante porque só sabe ler en inglés.
O contido da carta é unha invitación :
UNHA FESTA NA CASA DE ROSALÍA.

Todos reciben unha carta, todos, menos Bruno, o Canguro.
Por que?
....

No hay comentarios: