2/4/10

Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil



Este é o cartel conmemorativo do Día Internacional do Libro Infantil que, como todos os anos, publica a IBBY (International board on Books for Young People). Nesta ocasión os autores da ilustración e do texto son os españois Noemí Villamuza e Eliacer Cansino.

A mensaxe, distribuída por
OEPLI, está dispoñible nos catro idiomas do estado español; tamén en inglés.

O lema é: "Un libro espera por ti, búscao!"
O 2 de abril, data na que se conmemora o nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, (máis de 150 contos ) é boa ocasión para lembrar que hai sempre un libro agardando por nós...


No Recanto de Mik atopamos estas preciosas ilustracións:
ILUSTRANDO A LECTURA on PhotoPeach



"As imaxes axudan a comprender o texto, e tamén enriquecen a experiencia lectora e contribúen á formación dun criterio respecto ás calidades artísticas.

No hay comentarios: