Este curso as profesoras de Educación Infantil formamos un grupo de traballo coordinado pola profesora de Audición e Linguaxe para poder traballar axeitadamente a estimulación lingüística dos nenos e nenas de Infantil.
Entre as distintas actividades están: contar contos, discriminar distintos sons, aumentar o vocabulario e traballar as praxias (por medio de contos e xogos os nenos/as realizan unha serie de movementos de labios, lingua e mandíbula).
Coa caricatura dunha simpática vaquiña ensína os exercicios de praxias linguales e de mandíbula para lograr unha mellor vocalización nos nenos con transtornos da linguaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario