15/10/10

Animais mariños

Falando de animais do mar, un que nos gusta é o polbo, así que hoxe tocou facer polbos.
Primeiro Xulián, que era o encargado, repartiu follas de periódico. Miramos que noticias viñan nesas follas, e despois fixemos bolas que nos saíron moi ben, tan ben que xogamos un pouco a lanzalas como se foran pelotas.

Estas bolas ían ser as cabezas dos polbos que llas imos poñer aos rolos de papel que tíñamos preparados con oito patas cada un (como teñen os polbos).

Pintamos coa cor malva, deixamos secar mentras foi o recreo do patio e á volta co dediño mollado en pintura branca puxémoslles os ollos e a boca cun gomet.
O luns leváremolos á casa para adornar o noso cuarto..

Posted by Picasa

Tamén fixemos peixes con follas do outono

No hay comentarios: