Na Biblioteca atopamos este conto que nos está gustando moito sobre todo porque hai que ir adiviñañando o que nos vai aparecer na páxina seguinte.
E isto que é? Este é o gato que pillou a pega que roubou o anel da Princesa do Caurel… E isto que é?
A Princesa do Caurel é un conto acumulativo clásico, que recupera os elementos máis típicos das series que aparecen na tradición europea: gato, can, pau, lume, auga… Con este tipo de contos, os nenos aprenden a establecer conexións, e a partir de aí, a xeneralizaren e mesmo a faceren predicións.
Destacan as ilustración tridimensionais, elaboradas a partir de elementos reciclados (botellas, madeira, pedras, arame…).
No hay comentarios:
Publicar un comentario