Modelar barro
A semana pasada traballamos con barro. Primeiro amasaron, estiraron a masa e fixeron boliñas. Investigaron con este material e descubriron unhas sensacións distintas das que lles ofrece a plastilina. Decían que estaba frío.... Tamén estampamos a nosa man no barro estirado. Deixámolo uns días a secar e despois con coidadiño de non rompelo pintamos por fora da man. (Iban moi contentos/as con este regalo para o seu papá!.)
No hay comentarios:
Publicar un comentario