O xoves fomos ao Cine Alovi. Celebramos "O Día das Letras Galegas".
Os nenos e nenas de tres anos bailamos "A saia da Carolina".
Fixémolo moi ben e tamén nos portamos moi ben atendendo ás actuacións doutros cursos.
Tamén se repartiron os premios do concurso de reciclado de AMA (Aula de Medio Ambiente) e do concurso que convoca a ANPA polas Letras Galegas , tivemos un premio colectivo para a toda a clase nos dous concursos. Os premios consistiron en material para o rincón da cociña e o libro disco "Na punta do Pé" da Editorial Kalandraka.
4 comentarios:
Noraboa polos premios. Pero que atentos se ven nas fotos. Nótase que lles gustaban as actuacións. Mágoa non poder ver como bailaron. Seguro que o fixeron moi ben. Bicos.
Que ben bailaron todos! Encantoume a actuación. noraboa a estes artistas tamén polos premios recibidos.
congratulations!
Daba gusto velos bailar!. Nunca "A saia da Carolina" foi tan ben bailada.Felicidades polo ben que o fixestes e tamén polos premios. Que os disfrutedes!!. Biquiños e a seguir así.
Por suposto que bailaron ben e claro que estiveron moi atentos. É tan importate respectar as actuacións dos demais como facer ben as de un mismo.Moitos terían que apreder deles. Noraboa.
Publicar un comentario