21/5/11

Sol e sombra


Ós científicos do Monte Caxado seguimos investigando. Como recordaredes dedicamos dous días da semana ao proxecto da ciencia coa profe Oliva e con Daniel e Leila da clase de cinco anos, que saben moito.
Empezamos a investigar sobre o SOL: cómo é, que fai, ónde está. Comezamos coas nosas hipóteses:


- Está no ceo. (Érika)

-Está detrás das nubes. (Miguel)

-Ten raias. (Xulián)

- É amarelo. (Daniel)

- Quenta ás persoas, ao río e o lago das Pontes. (Lara)

Cada neno/a pintou o seu sol.

E saímos ao patio para observar o Sol cun carrete de fotografía sen usar. Foi estupendo, porque vimos moi ben o Sol.



Tamén observamos as sombras que se producen. Pintámolas cunha tiza branca.


O sol e os planetas:

1 comentario:

Ana Martínez dijo...

Seguro que foi moi interesante e divertido ¿Ou non? Vaia solazos que fixestes. Un biquiño.