Estamos decorando a clase para este proxecto e xa se vai notando ao entrar de que vai o tema.
Cada día chegamos ao cole con máis información que buscamos nas nosas casas cos papás, mamás,...Na asamblea sentímonos moi importantes porque todos nos escoitan e miran o que traemos.
No encerado facemos castelos, construimos as ameas seguindo as ordes: arriba, dereita, abaixo, dereita, arriba... Imos aprender moito.
4 comentarios:
Como me gustaría estar na maxestuosa corte medieval dos nen@s de catro anos convivindo con cabaleiros, princesas, reis, bufóns, trovadores,...
¡Que ben vós está quedando a decoración da aula e o voso proxecto! ¡Canto temos que aprender os demais! Nós este ano tamén queremos traballar por proxectos porque os nenos que nos tocaron teñen un nivel de E.I e 1º curso do 1º ciclo de primaria. Vas ter que botarnos unha man porque estamos moi verdes. Un biquiño.
Eu apúntome con vós, que tamén teño un traxe medieval.Como me encanta o que estades facendo. Pronto pasarei pola vosa clase para ver os vosos inventos.Noraboa a tódolos nenos e nenas e á profe.
Publicar un comentario