15/9/11

Novo proxecto

O pasado fin de semana tivemos unha Feira Medieval aquí en As Pontes. Todos estaban vestidos coma na Idade Media, Había peregrinos, cabaleiros, artesáns,...

Na asamblea decidimos o novo proxecto: OS CASTELOS.
Queremos investigar:
- Quen vivía nos castelos?
- Que partes ten un castelo?
- Quenes eran os cabaleiros e as damas?
- Cales eran os sistemas de defensa dun castelo?
- ….
Para comezar, onte mandamos unha carta ás familias e hoxe xa apareceron algúns nenos e nenas con información para presentar na asamblea.


O noso rincón de información xa vai collendo forma:

Posted by Picasa

1 comentario:

Ana Martínez dijo...

Que proxecto máis bonito! Os castelos e o seu mundo é un tema que sempre lles chama moito á atención aos rapaces. O voso mural onde recolledes a información é precioso. Un biquiño.
(seguiremos de cerca este novo proxecto)