26/9/11
A princesa está triste...
Despois de escoitar e ver a Sonatina de Rubén Darío comentámola:
- Había unha princesa que tiña o pelo longo. (Noa)
- Tiña os ollos redondos e azuis. (Daniel)
- A princesa estaba triste, afogábase nas lágrimas. (Lara)
- As flores tamén choraban. (Xulián)
- As lágrimas da princesa facían un charco. (Miguel)
- Un bufón saltaba para facer rir á princesa pero non ría, choraba. (Andrea)
- Estaba triste porque quería casarse cun príncipe. (Érika)
- O príncipe chegou nun cabalo con ás. (Óscar)
- Soaba a guitarra. (Mateo)
- Casáronse o príncipe e a princesa. (Érika)
- E bailaban. (Andrea)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
É incrible todo o que chegan a contestar cando se lles pregunta!!!Nótase que estiveron ben atentos. No blog Aula de Infantil incluso chegaron a preguntar por que se chamaba Sonatina e non A princesa está triste.
Un biquiño.
Publicar un comentario