Estábamos desexando que chegara o día de visitar un castelo e por fin chegou. Onte acompañados por pais, nais, avó, irmán, profe...montamos no autobús camiño de Moeche. Alí atopamos un castelo moi grande cunhas ventás estreitiñas, almeas, patio de armas, paseo de ronda, torre do homenaxe, foxo...(Todo isto saiu na asamblea que fixemos hoxe).
1 comentario:
Seguro que o pasáchedes xenial!!!! Nós o curso pasado cando fomos tamén estabamos encantados coas nosas coroas, os escudos... e como vós tamén fochedes indumentados, seguro que foi unha mañá diferente!!!! e moi divertida!!!! A que sí?
Publicar un comentario