Está claro que "todos aprendemos de todos" como dixen moitas veces. Onte fixemos por primeira vez a letra "a" minúscula. Dísenlles que se trataba dunha letra moi difícil, e non sei se sería por iso que todos puxeron moito interés en aprendela. E como a Óscar lle sae perfecta hoxe repartía clases particulares.
Estaba moi simpático!
4 comentarios:
Vaia co "profe" Óscar.Parece que a tarefa de ensinar non é tan doada como poidese parecer... e mira que Xulián lle pon interés. O bon de todo esto é que ao final todos aprenden e moito máis uns dos outros.
Biquiños para todos da "teacher".
Que gustiño dá ver como uns intentan axudar aos outros, ao final a todos lles ha de saír o A perfecto. Un biquiño.
É boísimo e graciosísimo ver como os nen@s son os mellores mestres. Xa que entre eles se entenden moito mellor. Isto é unha metodoloxía activa, participativa e sin dubida constructiva.
Bicos
Xenial!!! Parabéns a ese superprofe.
Publicar un comentario