11/11/11

Regletas Cuisenaire



 As regletas Cuisenaire ou números de cor, son un material matemático destinado a que os
nenos e nenas aprendan a composición e descomposición dos números e se inicien
nas actividades de cálculo, sobre unha base manipulativa e visual.




O material consta dun conxunto de regletas de dez tamaños e cores diferentes. A lonxitude das mesmas vai de 1 a 10 cm. Cada regleta equivale a un número determinado.
Nosoutros estivemos xogando coas regletas para familiarizarnos con elas. Fixemos figuras, comparamos tamaños...Tamén fixemos unha ficha pintándo cada regleta coa súa cor. 



No hay comentarios: