15/11/11

SENTIMOS A MÚSICA


Estamos iniciando un novo proxecto: "Sentimos a música"
De momento o que fixemos foi falar respondendo ás preguntas: Que é a música? Donde hai música? Como podemos facer música?
Fixemos música co noso corpo e buscamos pola clase obxectos que produciran música.

Con Érika, alumna de prácticas imos facer instrumentos musicais xa que ela ten que facer un traballo sobre os cotidiáfonos.
Os cotidiáfonos son instrumentos sonoros realizados con obxectos e materiais de uso cotián, de sinxela construcción, que producen sons mediante simples mecanismos: frotar, sacudir, raspar, beliscar…  

E para que vexades o que se pode facer con vexetais mirade o seguinte vídeo:

 

Outro vídeo para disfrutar:

1 comentario:

Ana Martínez dijo...

Paréceme un proxecto do máis interesante e divertido ao mesmo tempo. Seguriño que disfrutaredes un montón con el. Estaremos moi atento ao seu desenvolvemento. Un bico.