17/1/12

MERCADO PERSA

Xa temos elexido o tema do entroido. Este ano imos formar entre todos os cursos un mercado persa. A idea saiu de Marita, a profe de música, pensando nunha peza musical do compositor inglés  Ketelbey e que lles encanta a todos os nenos e nenas. O compositor intentou pintar con música o bullicio dun mercado de Bagdad.




A obra componse de dez cadros, fáciles de recoñecer:
Cadro 1: Chegan os mercaderes cos seus camelos.
Cadro 2: Pobres pedindo esmola.
Cadro 3: Aparece a princesa co seu séquito.
Cadro 4: Xuglares e saltimbanquis saltan, fan piruetas xirando arredor da plaza
Cadro 5: Oense aos encantadores de serpes
Cadro 6: O califa pasa solemne co seu séquito, silencio...
Cadro 7: Outra vez os pobres.
Cadro 8: A princesa  prepárase para saír.
Cadro 9: Os camelos continúan o seu camiño e a xente vaise indo.
Cadro 10: O mercado perde animación, a música é cada vez máis suave. Todos se van , coincidindo cos acordes suaves, secos. A obra acaba cun acorde forte. 


De aquí ao Entroido ademáis de ir confeccionando os traxes tamén imos transformar a nosa clase nun mercado persa.
Haberá princesas, califas, encantadores de serpes, saltimbanquis, vendedores de alfombras,....etc.

1 comentario:

Ana Martínez dijo...

Xa estou desexando ver ese mercado persa nas Pontes. Espero que saquedes fotos e máis fotos. Bicos.