13/1/12

A NOSA BIOGRAFÍA

Estamos comezando un novo proxecto. "A nosa Biografía"
Coa axuda das familias os nenos e nenas investigarán  datos importantes da súa vida dende o seu nacemento, ou incluso antes, xa que estes días falamos de cando  estaban na barriga das mamás.
Tamén dedicaremos bastante tempo a falar dos irmáns, dos que xa temos e dos que están a punto de nacer (así sabemos como van asimilando eso de deixar de ser fillos únicos).
A primeira ficha que resolveron foi a do seu nome, apelidos, e data e lugar de nacemento.
Comprobamos que moitos coíncidian no lugar de nacemento, outros coincidían no mes de nacemento e todos e todas coincidían no ano de nacemento: o 2007.




Andrea vai ter unha irmaíña para o mes que ven e na asamblea falamos moito dos bebés. Xurdiron moitas preguntas e... quén mellor que a nai de Andrea para explicarnos? 
Onte tivemos a sorte de tela na nosa clase coa "fermosa barriga" que tanto nos gustou.











1 comentario:

Ana Martínez dijo...

Que proxecto tan bonitiño, ademais ao estar implicados eles directamente van a disfrutar máis ainda si cabe! Foi unha sorte poder contar cunha mamá embaraza que se brindase a ir a clase. Desde AulaTic seguiremos atentamente o voso novo proxecto. Biquiño.s.