5/2/12

A FORZA DUN SOPRIDO

Este xoves os científicos, despois de ver o vídeo, fixemos o experimento de cómo funcionan os pulmóns.
Tamén inflamos globos. Primeiro sopramos directamente no globo e despois poñendo unha palliña ao globo. Descubrimos que a algúns nenos resultáballes máis fácil inflar o globo deste xeito.
Outra actividade que fixemos foi soprar a unhas boliñas de papel de seda que fixemos previamente. Queríamos saber as distancias que alcanzábamos cada un de nós co noso soprido. Utílizamos a cinta métrica e apuntamos os resultados. Deste xeito incluimos as matématicas no proxecto.  Estamos traballando os números nun contexto que ten sentido. Intentan lelos, len en grupo para intercambiar información, e van comparando a distancia máis grande coa máis pequena. 


2 comentarios:

Ana dijo...

Tuvo que ser moi divertido. Cando eu era pequena tamén xogabamos cos tubos dos bolígrafos e unha boliña de papel facendo un circuito. O voso experimento lembroumo. Un biquiño para eses fantásticos científicos.

Loli Prieto dijo...

Eu coido que estes científicos van chegar moi lonxe.Canto están aprendendo. Noraboa.