28/3/12

CONTO DE MIGUEL HERNÁNDEZ

No blog da biblioteca BibloCaxado recordamos a Miguel Hernández. A min encantoume este conto infantil  escrito por el na cárcere de Alicante a finais de 1941. Miguel Hernández fora encarcelado pola súa colaboración coa República trala finalización da Guerra Civil Española.
"El Potro Oscuro" foi escrito para o seu fillo Manolillo en papel hixiénico, e o texto foi ilustrado por un compañeiro da cárcere, o mestre de escola Eusebio Oca.

CUMPREANOS DE MARZO

Hoxe celebramos os cumpreanos de Érika, Lara e Miguel. Tivemos a sorte de contar coas mamás dos tres que nos axudaron a facer galletas con fariña de distintas cores e unha tarta de cumpreanos co número "5". Xa temos cinco anos!. Tamén estivo Sergio, o irmán de Érika, que o pasou de marabilla cociñando e xogando no patio.
Tamén fixemos os seus retratos. Cada vez dominamos mellor a técnica do collage e melloramos moito o esquema corporal.




25/3/12

NO LABORATORIO

O venres foi un día grande para os ciéntificos porque un grupo de alumnos de secundaria: Pilar, Claudia, Pablo e Edgar coa súa profe Carmen, dirixiron os nosos experimentos no laboratorio do colexio.

23/3/12

JUAN M. SERRAT. O HOME E A AUGA






EXPERIMENTOS COA AUGA

O 22 de Marzo celébrase o Día Mundial da Auga e os científicos fixemos experimentos coa auga.
 O experimento foi o das disolucións. 
O obxectivo era comprobar que había cousas que se disolvían na auga e outras non. 
Colocamos vasos de auga e ao seu lado puxemos: sal, azucre, pasta e arroz. 




 As nosas hipóteses foron estas:



21/3/12

DÍA DA POESÍA



FRASES CÉLEBRES SOBRE POESÍA

A historia conta o que sucedeu; a poesía o que debeu suceder. Aristóteles
É imposible traducir a poesía. ¿Acaso pódese traducir a música? Voltaire
O amor é a poesía dos sentidos. Honoré de Balzac

BUSCANDO NÚMEROS POLA CLASE

17/3/12

DEBUXOS DUN SÓ TRAZO. PABLO PICASSO.

Acabo de atopar esta actividade no blog "La clase de los globos" 
 Imos debuxar coma Picasso. Pinchade na imaxe:

15/3/12

M. C. Escher

Experimento con velas

 Hoxe fixemos outro experimento con velas.
Sa sabemos que ao queimar unha vela nun recipiente cerrado a combustión consume o osíxeno do recipiente e a vela acaba apagánsose.
 Pero, que sucede con tres velas de diferentes alturas? En que orde se apagan as velas?
 Podemos ver que primeiro se apaga a vela de maior altura, despois a vela mediana e por último a vela máis pequena.





O osíxeno vaise consumindo e desplazándose á parte inferior. Por eso en caso de incendio debemos saír a gatas.
Tamén representamos un incendio na clase, facíamos un lume que se ía estendendo e nos facía toser.  Tíñamos que saír a gatas da clase  porque había moito fume e o aire máis limpo e fresco estaba por abaixo.

13/3/12

AFORTUNADA DE SER DOCENTE.

Esta presentación feita por Juanfra Álvarez Herrero no seu blog encantoume e quero compartila porque eu tamén me sinto afortunada.

8/3/12

PLANTAMOS CEBOLAS

Hoxe fomos ao invernadoiro a plantar cebolas. O profesor Paco explicounos como era o proceso e axudounos a plantar.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Debemos avanzar na coeducación. É importante tratar de facer unha escola non sexista, igualitaria, integradora, respetuosa e tolerante.
 Hoxe na clase contamos o conto de "Rosa Caramelo".

Rosa Caramelo

 “Rosa caramelo” é a historia dunha manada de elefantes e elefantas na que unhas e outros viven de maneira separada e teñen actividades diferentes, incluso a cor delas e deles é distinta. Os elefantes son grises, comen herbas verdes, dúchanse no río, revólcanse no barro e durmen a sesta debaixo das árbores. As elefantas son rosadas, non comen herbas verdes, non se duchan no  río, non se revolcan no barro e non durmen a sesta debaixo das árbores. As elefantas están encerradas nun xardín cercado, comendo unhas flores que non lles gustan porque saben mal y levan zapatiños, babeiros, e lazos tamén de cor rosa para volverse máis rosas. Os elefantes non levan nada para facerse máis grises, nin comen flores que saben mal. Entre todas as elefantas destaca unha, Margarita, que é de cor gris e por máis que intenta comer as mesmas flores que as súas compañeiras para volverse rosada, non o consigue.
Para ver o conto pincha na seguinte imaxe:

 Ao final, despois do conto foi necesario falar e reflexionar porque me atopei coa resposta de que a maioría das nenas querían ser rosas.

4/3/12

MIMOSAS

Estamos na época da floración das mimosas e quixemos que entraran na nosa clase para enchela con esa cor amarela tan bonita e poder precibir o seu aroma.