19/4/12

AS EMOCIÓNS

Na asamblea falamos de como nos sentimos. Onte Noa dixo estar enfadada e a partir de ahí sacamos a relucir todas as cousas que nos enfadan:
 - Cando me levan a casa dos padriños e quero ir a casa de Silvia e Alejandro. (Noa)
 - Cando o meu irmanciño me quita os xoguetes. (Érika)
 - Cando vou romper un cristal coa pelota e papá berra comigo. (Daniel)
 - Cando meu irmán me rompe os xoguetes, que xa me quitou a roda do tractor. (Mateo)
 - Enfádome co meu irmán porque é travieso e fai cousas que non debe. (Xulián)
 - Cando xogo co meu primito e non me deixa o xoguete que quero eu. (Lara)
 - Enfádome co abuelo porque pelexo. (Andrea)
 - Eu vou contar que non me enfadei co meu irmán porque me deixou a maquinita. (Óscar)
Estas son as nosas caras cando estamos enfadados/as:
<
Hoxe estamos contentos e falamos das cousas que nos poñen contentos.
- Cando Sergio é amigo e xoga comigo. (Érika)
- Cando xogo con papá e mamá. (Mateo)
- Cando xogo a baloncesto, fútbol sala, fútbol campo...(Daniel)
- Cando papá me leva no cabalo. (Xulián)
- Cando papi me pon tractores no ordenador. (Óscar)
- Cando fago bolos de pan coa madriña. (Noa)
- Cando mamá me le libros bonitos. (Lara)
Cando o meu avó xoga comigo ao Dominó. (Andrea)
Estas son as nosas caras cando estamos contentos/as.

No hay comentarios: