10/4/12

VERMES DE SEDA

Hoxe faleilles aos nenos e nenas dunha árbore que temos no patio e que se chama moreira, non sei se mañá se acordarán do nome!. 
Necesitamos as súas follas, porque vai ser o alimento dos nosos vermes de seda!.
 Os vermes son moi pequeniños, tivemos que velos cunha lupa!. 
 Espero que a moreira teña follas dabondo para criar estes vermes ata que se convirtan en bolboretas.


1 comentario:

Ana dijo...

Dentro de nadiña eses vermiños han de estar ben gordiños. Xa nolos iredes amosando. Unha aperta.