6/5/12

FELIZ DÍA DA NAI!

Que contentas se poñerían as mamás cando viron estas obras de arte feitas polos seus fillos e fillas! 



Neste día sinalado como o Día da Nai quero compartir este texto (de Vladimir Reinhardt) que me gustou moito e vai para tódalas nais que lles gustaría ser unhas nais perfectas.

Unha nai perfecta sabe perfectamente que non hai nais perfectas nin moito menos.
Unha nai perfecta descobre que non hai idade, hora nin momento concreto para comenzar a educar, faise desde o principio.
Unha nai perfecta dase conta de que non hai fillos perfectos e de que todos teñen un pouco de todo.
Unha nai perfecta sabe que poñer límites é un acto de amor.
Unha nai perfecta sabe que hai amores que matan e por iso prefire mil veces máis protexer que sobreprotexer.
Unha nai perfecta aprende a confiar nas súas capacidades para educar e nas capacidades do fillo para aprender.
Unha nai perfecta aprende a aceptar as súas limitacións e os seus erros e aprende da experiencia.
Unha nai perfecta sabe que a teoría é moi bonita e fácil de entender e que a realidade é algo moi distinto.
Unha nai perfecta aprende a atopar un espacio para sí mesma (cine, música, amigos) e esfórzase por non sentirse culpable por iso.
Unha nai perfecta consola ao seu fillo cando sofre e dalle esperanzas dun futuro mellor.
Unha nai perfecta sabe aceptar un "non sei " por resposta. 
Unha nai perfecta sabe que ten as súas razóns cando lle pide algo ao fillo, pero tamén sabe que el ten as súas.
Unha nai perfecta sabe que a educación é unha combinación de paciencia, esixencia e tenrura.
----------------------------------------------------------------------------------------------

1 comentario:

Ana Martínez dijo...

As mamás imaxino que encantadas con tan bonitas obras de arte e eu encantada co texto que me gusta un montón. Unha aperta e ainda que un día despois FELIZ DÍA DA NAI!!!!