4/5/12

OS CIENTÍFICOS

Hoxe os científicos de tres e catro anos reunímonos na clase de tres anos para investigar xuntos.
Primeiro falamos de líquidos e sólidos  e comprobamos as distintas testuras tocando e tratando de coller coas mans líquidos coma a auga e o leite.
Os experimentos de hoxe aínda están en proceso. Mesturamos leite fervendo e vinagre e deixamos que se seguira cocendo ata estar espesiño. Esta mezcla despedía un ulido que non gustaba a ninguén.
Mentras que se cocía o leite co vinagre traballamos con barro.
 O modelado do barro encántalles a todos.
 





Queremos ir preparando un volcán para poñelo en erupción o vindeiro día.

1 comentario:

Ana dijo...

Vou ter que probar na casa a ver que pasa cando cocemos leite con vinagre e así saber si ule ben ou mal, je,je Xa nos amosaredes os resultados do voso experimento e ademais estamos desexando ver ese volcán. Un bico.