28/5/12

XOGAR COS NOMES

Hoxe na clase entramos no blog Aula Tic e atopamos este recurso que nos encantou. A maioría de nenos e nenas escribiron o seu nome co teclado do ordenador e divertíanse moito cando aparecía o seu nome con flores. Despois poñían as letras que querían e eles mesmos discurrían novas formas de xogar. Como lles gustou tanto trouxémolo ao noso blog para que poidan xogar na casa. Poden escribir o seu nome, dos irmáns, do pai, da nai... Gracias Ana (Aula Tic) por compartir tanto!

1 comentario:

Ana Martínez dijo...

A los míos aunque son más mayores también les gustó mucho. Me alegra que se divirtieran con él. Un beso.