3/6/12

COMO FUNCIONA UNHA FÁBRICA DE FÍOS DE SEDA

Agora toca esperar. Os vermes cando acaban de facer o casulo descansan, e uns días máis tarde fan unha nova muda e convírtense nunha especie de momia chamada crisálida.
 Na caixa apareceron dúas crisálidas, non sabemos por qué eses dous vermes non fabricaron o casulo. 


Mirade como traballan nuha fábrica de fíos de seda:

O fío de seda é durísimo nosoutros probamos a romper un fiíño que estaba pegado á caixa e foi imposible.

Estábamos preocupados por se non podían saír as bolboretas pero investigando descubrimos que botaban un líquido que ablanda o casulo e xa poden saír.

1 comentario:

Ana Martínez dijo...

Moi interesante ver como funciona unha fábrica de fíos de seda. Mi madriña que duros son os fíos! Non me extraña que estiveran preocupados por si os vermiños non podían saír. je,je Un biquiño.