26/9/12

MÁIS INSECTOS

Seguimos estudiando as abellas pero hoxe tivemos a visita doutros insectos: "dous  grilos".
Observámolos e vimos que tiñan cabeza, tórax e abdome. Tamén tiñan dúas antenas e seis patas igual que as abellas e as bolboretas. o que non lles vimos foron ás, pode ser que aínda non se lles formaran ou eran dunha especie de grilos sen ás, que tamén os hai.
Os grilos pasaron polas mans de todos os nenos e nenas, (a algúns tivémolos que convencer un pouquiño que non se atrevían, pero despois foron valentes).
 Ao final debúxamolos e tamén escribimos o seu nome.





1 comentario:

Ana dijo...

Como me fai lembrar os vellos tempos cando ía a buscar grilos coas miñas amigas!!!!!! Foron todos moi valentes atrevéndose a tocalos. Unha clase moi instructiva, sin dúbida. Unha aperta.