14/9/12

RECOLLIDA DOS FROITOS DO HORTO

Un proxecto do curso pasado foi o das plantas. Plantamos un montón de sementes aportadas polas familias, vimos como xerminaban e medraban pero o mellor chegou hoxe cando recollemos os froitos.
Xuntámonos cos nenos e nenas da clase de catro anos que tamén nos axudaran a plantar. Formamos catro equipos: un recollía as fabas, outro as lentellas, outro os tomates e outro os garbanzos. Levamos todo para a clase e alí comezamos a debullar. Disfrutamos todos moito con esta actividade.






2 comentarios:

Oliva dijo...

Toda a plantación por fin deu os seus froitos, foi unha actividade chulísima os nen@s disfrutaron moito.

Gracias por facernos partícipes desta colleita!!!

Ana Martínez dijo...

Seguro que disfrutaron un montón coa actividade. Que gustiño da recoller os froitos!!!!! Un biquiño.