24/10/12

TALLERES: O APARATO RESPIRATORIO

Os científicos e científicas de catro e cinco anos participamos en talleres sobre a respiración.

Comezamos cunha sesión de relaxación que nos fixo a profe Oliva na clase de catro anos.

 

Despois pasamos á clase de cinco anos. Alí repartidos por grupos experimentábamos nos distintos talleres que explicaban a respiración.

1- As fosas nasais. Limpeza do aire. Con atrapapolvos limpamos todo.
2- Inspiración e espiración. Inflamos e desinflamos globos.
3-Os órganos do aparato respiratorio: Farinxe, tráquea, pulmóns...Observamos, tocamos, cortamos, ..., experimentamos cos órganos dun porco que nos proporcionou un carniceiro.
4- Experimento para explicar o proceso da respiración. Utilizamos botella de plástico e globos. ( http://youtu.be/0x9U4tghkfE)
5- Cun fonendoscopio escoitamos a respiración dos nosos compañeiros/as.

Acabamos falando na asamblea de todo o aprendido.





2 comentarios:

Ana dijo...

Sempre me encantan os vosos talleres. Gústame ver como os rapaces e rapazas aprenden un montón disfrutando ao mesmo tempo. Unha aperta.

Oliva dijo...

Os nen@s pasárono xenial!! e ademáis aprenderon moitísimo sobre o aparato respiratorio e as súas funcións. Cada día me sorprenden máis pero xa son de 4 e 5 anos, ainda que os sigamos vendo pequenos.

Un bico enorme para estes grandes científicos ou médicos.