13/11/12

MOCHILAS VIAXEIRAS: CONTO



Os libros gustan da viaxe e da sorpresa, agardan nos andeis ou nos expositores por esa man que, ao abrilos, poña en funcionamento a maxia da lectura.
A mochila viaxeira está pensada para que, desde a Biblioteca Escolar, se poida organizar unha actividade que implique ás familias, e así proporcionar un motivo de encontro entre os distintos membros desta, tomando como motivo o mundo dos libros e da lectura.
A mochila é o soporte que permite aos rapaces e rapazas levar á súa casa, en préstamo temporal, uns materiais que reforcen o vínculo entre familia e escola na súa labor común para a formación dos lectores máis novos.


Así que un curso máis a mochila viaxeira sae da BIBLIOTECA cara as casas do alumnado.
¡Que o drisfutedes!

A Xulián encantoulle este conto que ía na mochila. 
Mirade que ben o conta!

1 comentario:

Ana Martínez dijo...

Gústame a idea da mochila viaxeira. No me cole non se podería facer pero ... quédome coa idea. Unha aperta.