21/12/12

DÍA MOI DIVERTIDO

Hoxe recibimos a visita do Apalpador. 
Igualiño que nos contos! 
Coa súa barba vermella, a súa cachimba e a boina. 
Estivo moi simpático!
  Apalpounos a barriguiña e repartiu castañas. Nós tamén lle regalamos uns debuxos que tíñamos feito para él que lle gustaron moito.






  Tamén fomos a Biblioteca a recibir o premio do concurso de debuxos convocado por AMA para o calendario. despois cantamos panxoliñas e bailamos.

E coa merenda tamén houbo sorpresas!

1 comentario:

Ana Martínez dijo...

Vese que disfrutaron moito tanto coa visita como coa merenda. Gústame que vos visitara o Apalpador. A ver si conseguimos que o Ano que ven nos visite a nos tamén. Unha aperta.