23/1/13

MARTES CIENTÍFICO

Este martes científico compartímolo cos nenos e nenas de 4º de primaria. Formamos equipos con nenos de catro, cinco e nove anos. Fixemos varios experimentos:


 Un experimento foi sobre a  atracción electrostática,





 Outro experimento foi sobre o aillamento electromagnético cunha especie de xaula de Faraday.



 



Tamén fixemos experimentos da combustión dunha vela. A combustión consume osíxeno. Si temos tres velas encendidas de diferente tamaño e tápamolas cun frasco de cristal, cal delas durará máis tempo encendida?



E tamén nos encantaron os experimentos nos que mesturamos bicarbonato e zume de limón. Ocurre unha reacción química que produce dióxido de carbono (as burbullas) e auga.


2 comentarios:

Fina Blanco Antelo dijo...

Foi unha gozada disfrutar desta experiencia. Quero agradecer ás clases de infantil de 4 e de 5 aniños e ás súas profes, a boa acollida que nos deron. E non falemos de todo o que aprendimos!. Estamos ben seguros que repetiremos!.

Ángeles. dijo...

Os nenos e nenas de infantil tamén o pasamos moi ben, así que cando queirades repetimos esta experiencia.
Moitos bicos.