28/2/13

XEOMETRÍA

Hai cinco ou seis anos publiquei unha entrada explicando cómo traballamos a xeometría en Educación Infantil. 
 (XEOMETRÍA E ARTE)
Este curso repetimos a experiencia.
A tódolos nenos lles gustan as construccións, xogan individualmente ou en parellas, fan esculturas, fan torres, autopistas, esculturas. Medimos o alto, o ancho. Contamos as pezas que utilizamos. E tamén algunhas veces as reproducimos nun folio.
Manipulando as pezas imos descubrindo as súas propiedades. Todas valen para apilar? 
 Poderemos facer unha torre coas bolas?
Clasificamos agrupando esferas, cilindros e prismas. (Figuras tridimensionais)




 Pezas de distintas formas mollámolas en pintura e facemos estampacións nun folio. Saen triángulos, cadrados, círculos... que recortamos. 
Observamos, e comentamos un cadro de Paul Klee:

 

Coas nosas figuras facemos un cadro inspirado na obra de Paul Klee.


1 comentario:

Ana Martínez dijo...

Que fabulosas ideas, Ángeles! Paréceme un xeito xenial de explicar a xeometría aos nenos. Unha aperta.