12/3/13

CONTACONTOS

Hoxe achegámonos á casa Dopeso para asistir á representación dun Contacontos teatralizado baseado no libro "O País dos Mandóns",

"O País dos Mandóns": Neste país uns cantos mandan sobre o resto e non permiten que as nenas, as nais ou as avoas xoguen, saian ou traballen fóra das súas casas.
Hai que cambiar estas normas tan inxustas para crear un novo país: "O País da Igualdade".
Explican como as mulleres e os homes teñen os mesmos dereitos. 
 "A urna dos desexos": Clara aprende o que son unhas eleccións e como as persoas poden decidir quen vai  gobernar introducindo un papeliño nunha urna. Un modo sinxelo de ensinar a nenos e nenas en que consiste a democracia participativa e a paridade.

No hay comentarios: