22/4/13

23 DE ABRIL- DÍA MUNDIAL DO LIBRO

Esta semana queremos dedicarlla especialmente aos LIBROS
Vai ser especial porque contaremos co apoio importantísimo de pais e nais que veñen á nosa clase a contar e lernos contos. 


Hoxe a Destaw brillábanlle os ollos mirando e escoitando ao seu papá que nos contou un conto e leunos outro.
Quedamos tan contaxiados da lectura que acabamos collendo libros e todos querendo ler.


1 comentario:

Ana Martinez dijo...

Que atentos están! Nótase que disfrutaron un montón. Un bico.