16/4/13

ENCONTROS DE EDUCACIÓN INFANTIL E EDUCACIÓN PRIMARIA


Este venres e sábado tiveron lugar os Encontros de Infantil e Primaria en Santiago de Compostela.
Gustáronme sobre todo as conferencias de:
  • D. Miguel Ángel Santos Guerra (Doutor en Ciencias da Educación, catedrático de Didáctica e Organización Escolar na    Universidade de Málaga)  
  • D. José Ramón Flecha García (Catedrático da Universidade de Barcelona. Doctor Honoris Causa pola Universidade de Timisoara)
     Santos Guerra falounos do paso decisivo , de infantil a primaria. Cada neno e nena salta dunha maneira diferente: 
    Pode ter sentimentos positivos ou negativos:
    • Curiosidade   ou incertidunbre                                 
    • Alta autoestima ou baixa autoestima
    • Ilusión por avanzar ou temor a fracasar.
    • ........
  • Podemos pedir aos nenos que escriban ou  debuxen  o que pensan, explorar aos nenos.
  • Os profesionais debemos seguir unhas estratexias para un bo paso.
Ramón Flecha falounos dos Centros Educativos como Comunidades de Aprendizaxe. 
Para mellorar os resultados en educación temos os datos da Comunidade Científica Internacional. O que está demostrado que funciona e ten éxito é o seguinte:
  1. Grupos interactivos
  2. Formación de familiares
  3. Lectura dialóxica
  1. Os grupos interactivos  son grupos de alumnos que traballan xuntos, o profesor dinamiza o grupo. Os mellores recursos son os amigos e as amigas. 
  2. O éxito escolar non depende tanto da titulación do pai ou da nai senón das prácticas socioculturais das familias.  
  3. Ler non é un proceso individual senón colectivo. A lectura dialóxica non se reduce ao espacio da aula, debe ter lugar con todas as persoas que interactúan nas vidas de cada neno e cada nena dentro e fóra da aula.
Santos Guerra escribe no seu blog El Adarve 



1 comentario:

Ana Martínez dijo...

Polo que contas, debeu de ser moi pero que moi interesante. Graciñas por compartir un pouco con nos. Unha aperta.