26/4/13

MAMÁ, PAPÁ "OUTRO CONTO POR FAVOR"

Hoxe escoitamos un conto precioso "A ratiña presumida" lido dun xeito moi especial. A mamá de Noa lía o conto, Noa era a ratiña e o seu papá representou a tódolos pretendientes da ratiña, que por último era o ratiño que lle regalaba unha flor.
Fixéronno moi ben. Gustaríame que o vírades na casa.  A pena é que non podo poñelo no blog porque non o gravei ben. Soamente saíron as fotos que fixemos despois.
  Sempre acabamos collendo libros e lendo cada un/unha o seu libro.
 
 



Esta semana do libro valorámola moitísimo pola importancia que ten esta implicación das familias. Aos nenos e nenas non hai maneira mellor de animalos á lectura que vendo ler aos maiores. Son lecturas compartidas cheas de afectividade.
Todos lemos e todos nos escoitamos ler.

1 comentario:

Ana Martínez dijo...

Debéronno pasar fenomenal. Mágoa do video. Unha apertiña.