23/4/13

PRACER LECTOR E COMPRENSIÓN LECTORA

 Traio ao meu blog a entrada do blog da biblioteca BibloCaxado .

Neste Día Internacional do Libro queremos lembrar as conclusións do Informe Pisa 2009
En todos os países , o alumnado que disfrutaba máis coa lectura tivo un rendemento máis alto ca o que dixo que non lle gustaba ler. O alumnado ao que non lle gusta ler é o que non disfruta lendo .
 Ler por pracer e rendemento son factores positivamente asociados.
 Animar a leer ao alumnado a ler máis horas non necesariamente axuda a  que mellore a súa comprensión lectora. Hai indicadores que demostran que a diferenza está en que lean diariamente por diversión non na cantidade bruta do tempo que pasan lendo.

“PISA 2009. Informe español”. Ministerio de Educación, 2010 http://www.educacion.gob.es/dctm/ministerio/horizontales/prensa/notas/2010/ 20101207-pisa2009-informeespanol.pdf?documentId=0901e72b806ea35a

 Ese é o camiño, por iso dende a biblioteca procuramos espertar no alumnado o gusto pola lectura con distintas actividades.

Bo Día do Libro! Boas lecturas!

1 comentario:

Ana Martínez dijo...

Feliz día do libro, Ángeles! Un bico.