15/5/13

A LÚA

Hai moitas actividades e experiencias que fomos facendo e non publicamos aínda no blog. (A maioría destas actividades fíxemolas seguindo o proxecto "Rumbo ao espazo" de AulaTic)
Fixemos unha  CAIXA LUNAR 

Pintamos unha caixa de negro por dentro e por fora e metimos unha bola de porespán dentro colgada da tapa, representaba á lúa.
Por unha das caras poñemos unha linterna que representa ao sol que ilumina a lúa. 
 Por cada lado da caixa hai un furadiño para ver as fases da lúa.


Facemos lúas cun plato de plástico, cola e espuma de afeitar.





 Representamos as fases da  lúa con galletas Oreo. "O máis divertido foi comelas".
  A orixe dos cráteres lunares debateuse durante moito tempo. Os estudios mostran que a maior parte formáronse por impactos de meteoritos que viaxaban a gran velocidade.
 Saímos ao patio buscar meteoritos e lanzámolos para ver o impacto que producían ao chocar coa lúa.

 
 
 

1 comentario:

Ana Martinez dijo...

Encántanme todo o que fixestes. A caixa quedouvos xenial, a lúa o mesmo, e as galletas oreo seguro que estaban riquísimas, non si? Unha aperta.