3/5/13

HORA DE LER

Hoxe non foron os pais de Daniel os que o trouxeron ao cole, foi ao revés, foi Daniel quen nos trouxo a súa nai e ao seu pai para que nos acompañaran na lectura. Traía dous libros: un conto de monstros e outro libro do corpo humano. O sillón do lector quixo ocupalo Daniel para comezar a lectura, despois leron os seus pais e logo xa nas nosas mesas limos todos un conto. 
Estamos convencidos que con estas prácticas os nenos e nenas danse conta do importante que é a lectura.
Agradecemos moitísimo que papás e mamás estén con nós na "Hora de ler".



No hay comentarios: