19/6/13

DÍA DA GRADUACIÓN

Hoxe tivemos  a nosa Graduación. Xuntámonos todos na Biblioteca, nenos, nenas, pais, nais, avós e avoas. Tamén estaban os nenos e nenas das clases de tres e catro anos.
Pasámolo moi ben recordando a nosa chegada ao colexio e todo o que vivimos nestes tres cursos.
Aquí están dous vídeos, o primeiro foi o regalo sorpresa que me tiñan os nenos e nenas e que fixeron coas súas familias e o segundo o que preparamos na clase.




Foi un acto moi emotivo.
Pero había unha sorpresa, estes nenos e nenas fixeron horas extras traballando coas familias nun proxecto moi especial: PROXECTO: "A NOSA MESTRA"
Investigaron tanto que este proxecto merecería o Premio Extraordinario Fin de Ciclo. (Hai moito talento por ahí solto).
Hoxe pola tarde estiven vendo con calma o libro do PROXECTO (que está graciosísimo) e tamén o vídeo que me regalastes con momentos vividos e os comentarios dos nenos, e xa non puiden aguantar...

 GRACIAS, GRACIAS, GRACIAS....

 


video

Mateo desde Colombia!
Mateo estás guapísimo!!!
Recordámoste moito!
Bicos para ti e toda a familia.

6 comentarios:

DOLI dijo...

Levamos tres anos na sombra, pero cada día esperamos con ansia e ilusión como quen espera a carta dun namorado, ver con que nos sorprendes.
Gracias por axudarnos a ver o mellor dos nosos fillos.

Ángeles. dijo...

Gracias pola vosa confianza. Non sería igual sen a vosa colaboración e os vínculos afectivos que chegamos a crear e seguiran estando ahí.

Ana Martinez dijo...

Encantanme os dous videos. Seguro que foi unha xornada inolvidable para todos. Unha gran aperta.

Ana Muiño dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Ana Muiño dijo...

Todo saíu fenomenal.Os nenos fixérono moi ben,e os pais estábamos moi emocionados.
Gracias por facernos pasar un día tan especial ,e gracias tamén por ser tan boa mestra pra os nosos fillos.
Xa formas parte das nosas vidas e xamáis te esqueceremos.
ATA SEMPRE. UN BICO.

Ángeles. dijo...

Gracias Ana por este comentario tan cariñoso, eu tamén vos estou moi agradecida. Sodes uns pais e nais comprometidos coa educación dos vosos fill@s. Seguide así. Moitos bicos.