28/9/13

EU TIÑA UN RATIÑO

Aos nenos e nenas gústanlles moito as  cancións acumulativas:  esas pezas con textos que medran e medran engadindo de cada vez novos elementos. Divertidos xogos musicais que poñen a proba a nosa memoria.

Atopei no blog xogos de lingua a canción: «Eu tiña un ratiño», composta por Manuel R. Crespo, profesor de Música do CEIP O Sello, de Cabral (Vigo)



Esta canción é unha versión da canción infantil italiana «Alla Fiera Dell'est», de Angelo Branduardi.
Poño tamén o vídeo para comparar.

1 comentario:

Ana Martínez dijo...

É chulísima, Ángeles. Poñereilla aos meus. Seguro que lles gusta moito. Unha aperta.