20/10/13

CONSELLOS PARA FAMILIAS LECTORAS


  • O hábito lector e a comprensión lectora desenvólvense no seo familiar dende a primeira infancia e, con posterioridade, conxuntamente dende a escola e a familia. O papel das familias no proceso lector é fundamental.

    A lectura e a comprensión lectora aseguran non só o éxito escolar senón o desenvolvemento da imaxinación e o dereito a gozar da linguaxe poética.

    O exemplo dos pais e nais en relación co hábito lector é fundamental: debe transmitirse como se transmiten outras afeccións. As familias, aínda que sexa intuitivamente, transmiten o uso e desfrute da linguaxe.

    A colaboración entre familias, escolas e bibliotecas debe ser o piar para desenvolver o hábito lector dos nosos nenos e nenas.




2 comentarios:

Ana Martinez dijo...

Xenial! Moi bos consellos. Un bico.

angeles vazquez maceiras dijo...

Parécenme moi utiles. Gracias por compartilos. Gelis