- A que piso vai?
- Que vai pasar?...
Texto de Beatriz Montero
Ilustracións de Raúl Nieto Guridi
Tradución do castelán de Marisa Núñez
OQO editora
O carteiro subiu, subiu, subiu pola escaleira..
Chamou á porta:
Din-don! Din-don!
Non había ninguén.
Deixou a carta no chan…
… e baixou, baixou, baixou pola escaleira.
Esta acción repítena, co mesmo resultado infrutuoso, o zapateiro, o xardineiro e o panadeiro. Deste xeito, enriba da carta depositada ante a porta do cuarto piso acaban acumulándose un par de zapatos, un ramo de flores e unha barra de pan ata que entra en escena unha nena resolta.
4 comentarios:
É un conto chulísimo. Agora mesmo non recordo en donde pero nalgún sitio vin unha animación feita con plastilina deste conto que estaba xenial. Se a atopo mándoche o enlace. Unha aperta e a disfrutar da finde.
Que ben traballan eses nenos e nenas. Fermoso conto. Biquiños
Un conto moi bonito, igual que todas esas escaleiras.
Graciñas polos comentarios. Xa vedes que que o estamos pasando moi ben, descubrindo novos contos. Bicos.
Publicar un comentario