Na anterior entrada reflexei unha serie de libros moi coñecidos polos nosos nenos e nenas (a maioría témolos na nosa biblioteca) pero quedáronme moitísimos que aínda non coñecemos pero procuraremos adquirilos proximamente.
Unha mamá recordoume unha Nova Editorial patasdepeixe que merece moitísimo a pena visitar e disfrutar dos seus libros.
(Pinchade na imaxe)
No blog de Bibiloteca BibloCaxado LIBROS PARA O NADAL podedes atopar recomendacións de libros.
2 comentarios:
Teñen moi boa pinta. O da vaca que puxo un ovo gústalle moito aos meus nenos. Unha aperta e boa entrada de ano.
Ángeles non descansa nin polo Nadal. Non sei que faremos sen ti moi pronto. Unha aperta.
Publicar un comentario